Tona (leite)
A tona é unha substancia densa que se forma na superficie do leite, cando se deixa en repouso[1] tras ferver, a partir das gotas de graxa que contén naturalmente o leite ó romperse a emulsión graxa-auga. Presenta unha consistencia semilíquida máis ou menos viscosa, de cor branca amarelada e de olor e sabor característicos.
Tradicionalmente, cando o leite se consumía directamente das vacas e, por conseguinte, contiña toda a súa graxa natural (3,5-4,5%, ou máis, segundo as razas), esta tona superficial ía retirándose para gardala nunha cunca á parte, e cando xa se tiña unha certa cantidade batíase para facer manteiga, xeados ou para consumo directo en diferentes sobremesas. Agora, a industria láctea somete o leite a un proceso de centrifugación que aumenta e acelera a separación dos glóbulos de graxa.
Aínda que é semellante no aspecto, tamén se denomina nata ó que en realidade é unha crema de leite, de sabor e textura distintos, e quimicamente diferentes. Esta presentación faise batendo a nata separada no proceso anterior [2], normalmente con azucre e contén unha porcentaxe de graxa moi variable, entre un mínimo dun 18% (nata delgada) ata un mínimo dun 50% (dobre nata). En todo caso, deberá conservarse baixo refrixeración ou conxelación.
A tona e a nata na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- A muller que come a nata non ten sorte na manteiga [3]
- A pita e a vaca polo pico dan a nata [4]
- ¿Mirras na cara? Nasura de vaca [5]
- Tona de vaca tira as encollas da cara[6]
- Non hai pior vicio que o leite con tona e pantrigo [7]
- O que ten vacas, de tona se farta [8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tona.
- ↑ Nata batida (en castelán, nata montada).
- ↑ Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, 1958-1961, s.v. muller. Xosé Moreiras Santiso: Os mil e un refráns galegos da muller, Alvarellos, Lugo 1978.
- ↑ Xesús Taboada Chivite: “Refraneiro galego”, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 2, 2000.
- ↑ Vicente Llópiz Méndez: Refraneiro galego, manuscrito inédito de 1954. Fondo de Bibliófilos Gallegos no Museo de Pontevedra.
- ↑ Vicente Llópiz Méndez.
- ↑ Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, 1958-1961, s.v. vicio.
- ↑ Vicente Llópiz Méndez.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pedro Benavente Jareño e Xesús Ferro Ruibal: O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010, 425. ISBN 978-84-453-4948-9.
- Carlos Delgado: Diccionario de gastronomía. Ediciones del Prado, Madrid 1985.
- Código Alimentario Español (Decreto 2484/1967, de 21 de setembro).
- Manuel González González (coord): Dicionario de alimentación e restauración. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades 2012.